Ao longo do curso 25/26 leváronse a cabo distintas actividades participadas pola biblioteca. Temos a nosa obra de teatro inicial representada epublicitada polo noso alumnado, para dar a coñecer, un ano máis, o PDI do centro e os personaxes que representan a biblioteca.
No mes dos oficios tradicionais visitáronnos redeiras de Bueu, que nos amosaron os segredos dos seus oficios.
Tivemos tamén os acompañamentos lectores.
Por outro lado, fixemos un contaconto con Paco Nogueiras ao que estiveron invitados os máis pequenos e pequenas do colexio. Sempre é un espectáculo.
Co gallo Día de Rosalía, tivemos a actividade "Bordando a Rosalía", coa que aprendemos unha nova ferramenta para expresar e representar ideas e, neste caso, alegorías da nosa poetisa principal. Ao final, foron varias as mestras que empregaron esta técnica con novos motivos ao longo do ano.
O Día das Letras Galegas celebrómolo como unha homenxa a Bernardino Graña, recentemente falecido, invitando as familias a participar, durante toda a semana, nun recital no que podían estar acompañados dos seus familias. Houbo algunhas que incluso se atreveron a facelo fronte a todo o centro!
A biblioteca non so é lectura, senón tamén xogos. Promovimos actividades para potenciar o uso do xadrez e do go, un xogo tradicional asiático de gran complexidade, a través de obradoiros e compra de mangas ilustrativos. Tivemos batallas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario