9 de feb. de 2011

A visita de Luis Davila ao noso colexio

O día 31 de xaneiro de 2011, tivemos a sorte de que o caricaturista de Bueu, Luis Davila, viñera ao noso colexio. Este caricaturista traballa no xornal Faro de Vigo. As súas tiras cómicas son “O bichero” e “O fotomatón”.
Aos alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria ensinounos e ilustrounos sobre:
 que é unha tira cómica
 as ideas para participar nós no concurso de viñetas co gaio da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora
 Logo tocoulle o turno ás distintas expresións das facianas (alegría, tristeza, enfado, susto, sorpresa, risa, cabreado, pensativo, louco)
 Despois á representación das distintas etapas da vida: bebé, neno, xóven, maior, vello e ancián (ao que por suposto lle debuxou unha pucha)
 Enseguida lle tocou o turno á política, Zapatero e Rajoy quedaron inmortalizados. O fútbol tampouco quedou esquecido, a Messi deixouno cuspidiño.
 Cando Luis nos propuxo caricaturizar aos mestres, aceptamos con gran entusiasmo e bulla a suxestión. Montejano, o teacher, quedou cunhas cellas moi marcadas. Fariña parecía O Apalpador das serras do Courel, coas súas barbas tan particulares de home de moito respecto e cortesía. Con Manolo, foi xeneroso, e aumentoulle a melena. O mestre Servilio quedou coma un doutor, ata lle engadiu un cartel para modificarlle o seu nome pouco común (comentou, ante a solución do erro, “Para todo hai remedio”). Cruz foi posar para o artista e logrou aparentar beizuda, cunha napia considerable e unha cabeleira negra. O conserxe tampouco se librou das mans do artista, cuns pelos estilo punki e con moitos anos menos.
 Por último, adicoulle un tempo aos nosos personaxes favoritos : Bob Esponja, Filemón e a nosa benquerida mascota Belusiña. Tamén algúns profes que se escapuliron e fuxiron non se libraron.
MOITAS GRAZAS LUIS.

Ningún comentario: