9 de dec. de 2013

NELSON MANDELA: UN SÍMBOLO DE LIBERDADE!



Mañán, 10 de de decembro,celébrase o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS  non podemos senón reflexionar sobre esta figura senlleira que foi quen de reconducir a historia de Sudáfrica, conquerindo a reconciliación de dúas partes radicalmente enfrontadas: a minoría branca que ostentaba o poder económico e político, e a maioría negra carente de dereitos. Unha figura que, polo ben do seu país, foi quen de perdoar os case trinta inxustos anos pasados na cadea.

Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos...
              
...sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemiento ou calquera outra condición.

Artigos 1 e 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Ningún comentario: