19 de maio de 2015

SEMANA CULTURAL!

Hoxe tivemos dous actos realmente enriquecedores, pola mañán no Salón de actos, o grupo de maiores da Casa do Pobo do "OBRADOIRO DE MEMORIA" viñeron cantarnos unhas cancións populares. Nós tamén lle quixemos agasallar con "A rianxeira" á que eles  se sumaron.


Pola tarde,PEDRO FEIJOO falounos da súa novela "Os fillos do mar" .Todo un luxo poder contar con un escritor da súa talla na nosa biblioteca.

Unha xornada entrañable!

Ningún comentario: