7 de xuño de 2016

VOLUNTARIADO LECTOR!!!

Hoxe, como remate ás actividades dentro do "VOLUNTARIADO LECTOR", achegámonos ata a Casa do Pobo de Beluso para expoñerlle ao grupo do Taller de Memoria un traballo de investigación sobre "OS LAVADOIROS DE BELUSO".
Un traballo que lles gustou moito aos maiores e que lle fixo lembrar tempos pasados : cando ían coa tina na cabeza a lavar, puñan a roupa ao clareo,cantaban, falaban entre elas (pois era una traballo de mulleres)...



Despois da exposición estivemos charlando, os maiores contaron moitas anécdotas daqueles tempos non tan lonxanos, e ainda que a nós nos parece mentira, non hai tanto tempo que a lavadora chegou ás nosas casas!
UN TRABALLO MOI INTERESANTE, GRACIAS POR COMPARTIR!!!

Ningún comentario: