20 de xan. de 2017

ACCIÓN!!

Os nenos e nenas de 6º e 5º curso de primaria participan nun proxecto-EXPRESARTE- para a sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero a través da creación de materiais audiovisuais, no que colaboran a Deputación de Pontevedra, o Concello de Bueu e o CIM.

Este venres o colexio converteuse nun auténtico estudo de gravación ao longo de toda a xornada.
 Baixo a dirección de Ramón Torrente García, o alumnado de 5º e 6º de primaria  rodaron as dúas curtas, nas que levan a traballar todos estes meses, que se estrearan o día 8 de marzo"Día da Muller" no Centro Social de Bueu.
Unha experiencia inesquecible!!!


Parabéns polo traballo tan ben feito!!!
Agardamos con impaciencia a estrea!!

Ningún comentario: