Este ano,relacionado co noso PDI, na entrada do colexio temos unha pequena exposición sobre
"Mulleres Dcine". Partindo dela propoñemos un concurso no que os nenos e nenas poderán participar cubrindo un breve cuestionario sobre unha desas mulleres famosas.
Lecturas de mulleres destacadas na historia, polos recunchos para autoempréstito, na Hora de Ler.
Celebramos o "
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER" asistindo,os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, ás estreas das curtas realizadas polo alumnado dos colexios e institutos do concello a favor da igualdade. Estas curtas forman parte do proxecto
ExpresArte! patrocinado polo Concello de Bueu, CIM de Bueu e a Deputación de Pontevedra.O acto tivo lugar no Centro Social do Mar de Bueu .
Os demais nenos e nenas visionaron a película ZOOTRÓPOLIS no colexio.
Agardamos estrear no colexio, en datas próximas, as curtas protagonizadas polos nosos alumnos e alumnas: "Sara e Bruno" e "Igualdade sen fin,igualdade interminable" !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario