Hoxe, coincidindo co 
"Día das bibliotecas",
 a biblioteca do cole abre as súas portas!!!
Para celebralo , os nenos e nenas 
"Voluntarios lectores" de 6º de primaria quixeron agasallarnos con
"Sofía e o paraugas máxico", edebé. Un conto que nos fala da importancia da auga !
Ao remate do conto leron a
" Carta europea da auga": unha declaración (12 artigos)
 que
establece os principos para facer unha boa xestión da auga, principios que
seguen vixentes e que nos comprometen a cuidar deste recurso indispensábel para
a vida.
 Como colofón, os "Voluntarios" da biblioteca fixeron entrega das
 mochilas viaxeiras ás titorías así como unha copia da carta europea da auga para traballar e reflexionar sobre ela.
 Os nenos e neas novos recibiron cadanseu carné da biblioteca!
Grazas ao noso equipo de "Voluntarios" e grazas a todos e todas por achegarvos ata a nosa biblioteca e compartir !!!