Hoxe, na Hora de Ler, os nenos e nenas de 3º de primaria expuxeron un traballo sobre Cabo Udra, lugar ao que imos ir de andaina o vindeiro luns como inicio da Semana Cultural e das Letras Galegas.
Faláronnos de que é unha ZEC (Zona de Especial Coidado), da súa paisaxe, da flora e da fauna que alí podemos atopar...Un traballo moi interesante que nos serve de guía para a nosa saída.
Ningún comentario:
Publicar un comentario