O alumnado de Infantil, 1º e 2º de primaria interpretaron con moita maestría as pezas musicais traballadas na aula de música dentro do Proxecto de Centro"Móllate".
Comenzaron os de 6º de infantil coa música "ACUARIO" do compositor Saent-Saëns que, a modo de musicograma activo, nos mostraron as dintintas partes do tema cos personaxes do conto "O peixe Arcoiris".
Continuaron os nenos e nenas de 3º de infantil coa música de Antonio Vivaldi "A primavera".
Seguiron os de 5º de infantil coa canción "A margarida branca", unha canción que trata o tema da impportancia da auga para as prantas..
Remataron a actuación os nenos e neas de 1º e 2º de primaria respectivamente con dúas cancións de Mamá Cabra: "Nadando sen parar" e "Glu,glu,glu".
ESTIVERON FANTÁSTICOS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario