29 de maio de 2018

PREMIOS FARO DA ESCOLA


Onte o alumnado de 2º,4º e 6º de primaria achegáronse ata Vigo - Xardíns do Pazo de Castrelos - á gala de entrega de Premios "Faro da Escola". Nesta terceira edición,  participaron 48 colexios da provincia, o noso colexio é a primeira vez que traballamos neste proxecto didáctico, e dado o éxito obtido pensamos continuar o vindeiro curso.
O premio foi ter o noso periódico entre as mans e poder ler o que nel escribimos, ainda que tamén nos  gustou moito acadar o  2º premio á Mellor fotografía polo photo call da portada!
Nesta semana recibiremos os periódicos para repartir entre todo o alumnado, profesorado e comunidade educativa. Agardámolos con impaciencia!!! 




Se queres ver a noticia pincha nestes enlaces:

PARABÉNS POLO TRABALLO TAN BEN FEITO!!

Ningún comentario: