24 de maio de 2018

XXXI SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS!

Onte, dentro da Semana Cultural e das Letras, tivemos unha actividade que vimos repetindo en outras edicións e que nos encanta a todos e todas: A visita do Obradoiro de Memoria da Casa do Pobo de Beluso que nesta ocasión nos leron uns contos populares e nos cantaron unhas cantigas moi ben cantadas.



A comntinuación o alumndo de tres anos agasallounos recitando o poema "Adiós ríos,adiós fontes"
e un grupo de  "pandereteiras" do cole cantáronnos tres cantigas.



Como colofón ao acto, o alumnado "Voluntario" de 6ª de primaria representou para todos e todas o conto "O peixe Arcoiris" .




Hoxe , o alumnado de 4º,5º e 6º asistiron á charla "Navega con rumbo" impartida polo Colexio Profesional de Enxeñaría de Galicia (CPEIG).

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS  E EN ESPECIAL AO GRUPO DO OBRADOIRO DE MEMORIA POR AGASALLARNOS CUNHA XORNADA TAN FERMOSA !

Ningún comentario: