Continuamos coa celebración da XXXI Semana Cultural e das Letras galegas.
Hoxe tivemos dúas actividades interesantísimas. A primeira hora da mañán o alumnado de 5º e 6º de primaria gozaron coa charla sobre Microbioloxía que nos ofreceu Manuel Jiménez (Inspector Veterinario da Xunta de Galicia). Con el os nenos e nenas descubriron cando naceu a microbioloxía, que é, a importancia que ten no noso mundo cotián, quen foi Pasteur (pai da microbioloxía), o descubrimento da penicilina, a importancia das vacinas, da antisepsia...
MOITÍSIMAS GRACIAS POR COMPARTIR!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario