O ilustrador Marc Taeger e dous representantes da Asociación de Veciños da Banda do Río estiveron no noso centro para animarnos a coñecer e debuxar os Dereitos Humanos.
O vindeiro sábado, 29 de setembro, no estaleiro do Purro vaise celebrar un obradoiro cuns monitores moi especiais CRISTÓBAL GABARRÓN, MARC TAEGER, LUIS DAVILA, ANA PEZ, FEDERICO FERNÁNDEZ, ALUMNADO DA FACULTADE DE BELAS ARTES de Pontevedra, onde nenos e nenas de 4 a 14 anos debuxarán a súa interpretación dos Dereitos Humanos.
Os traballos exporanse en outubro en diferentes espazos de Bueu e haberá unha selección para participar no concurso internacional.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario