ANDREA MACEIRAS, premio Lazarillo 2018.
Escritora nacida en A Coruña gañou o premio Lazarillo coa súa obra Rusgalía, "unha aposta á ciencia ficción e á imaxinación".
O galardón é un dos máis importantes dirixidos a literatura infantil e xuvenil en España.
Andrea Maceiras convértese na sétima autora galega que obtén o premio. Agustín Fernández Paz, foi o primeiro en 1990, Marilar Aleixandre (1999), Gloria Sánchez (2000), An Alfaya (2005), María Solar (2014) e Ledicia Costas (2015 e 2017).
Outras obras súas publicadas son: "Proxecto Bolboreta", "Volverás, golfiño" ou "O que sei do silencio".
ALICIA ESTÉVEZ, premio Wonenburguer 2018.
A Xunta de Galicia otorgou o Premio Wonenburguer 2018 a experta en Acuicultura Alicia Estévez Toranzo, investigadora pontevedresa especializada en Patología Bacteriana.
Dirixe o Grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago, é licenciada en Bioloxía e Farmacia e catedrática en Microbioloxía da USC.
Doctora en Farmacia e catedrática de Farmacoloxía da USC, Mabel Loza recibiu o Premio á Investigación Innovadora 2018 do Foro de Empresas Innovadoras pola súa aportación a I+D+i , publicacións internacionais, proxectos e formación de investigadores.
ADA HEGERBERG, Balón de Ouro 2018
Ada Hegerberg, futbolista noruega, dianteira do Olympique de Lyon, recibiu o galardón futbolístico por primeira vez na historia a unha muller. Ada pronunciou estas palabras: "A todas as nenas do mundo, crede en vós".
PARABÉNS A TODAS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario