O día 30 de xaneiro, conmemórase o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA, School Day of Non-violence and Peace. Ese día é o aniversario da morte de Mahatma Ghandi (1869-1948), líder pacifista que defendeu a non violencia frente ás inxustizas e foi asasinado por defender as súas ideas.
Iniciamos o día coa mensaxe en linguaxe de signos: "TI PODES CAMBIAR O MUNDO".
O alumnado de 5º de Primaria expuso o seu traballo sobre AKAMASOA, A CIDADE QUE XURDIU DO LIXO fundada por PEDRO OPEKA.
Cantamos, todos xuntos UN VELEIRO VERDE de María Fumaça.
E un marabilloso traballo colaborativo mural con veleiros verdes con palabras relacionadas coa paz e o coidado do planeta e carteis reinvindicativos feitos polo alumnado do centro durante os recreos, na biblioteca, no recuncho creativo.
YOU CAN CHANGE THE WORLD!
Visita o blog de Infantil para ver máis traballos sobre este Día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario