A autora pontevedresa Eva Mejuto é a gañadora do XI Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, convocado polo Concello de Bueu, por unha obra titulada "Matilde", escrita cunha "gran sensibilidade" e que enxalza a vida e obra de Matilde Bares ao tempo que describe a vila de Bueu e a súa realidade nos anos trinta.
O premio rende unha homenaxe a Matilde Bares, mestra e organizadora de actividades culturais e teatrais en Bueu.
Eva Mejuto conta cunha ampla traxectoria, tanto por
ter formado parte de proxectos editoriais como pola publicación de
historias para público infantil e xuvenil. Por exemplo na súa novela 22 segundos, aborda o tema da transexualidade ou en Memoria do silencio, a historia das irmás Touza de Ribadavia. Tamén é coordinadora do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario