Curros Enríquez adícalle a nosa autora un poema: “Do mar pola orela / mireina pasar / na frente unha estrela / no bico un cantar”.
Ao longo desta semana conmemoraremos esta data ilustrando poemas de Rosalía nas titorías que colocaremos en diferentes ubicacións da nosa localidade creando un CAMIÑO DE POESÍA. Poderán visualizarse todos xuntos de camiño para a Casa do Pobo, onde está a Biblioteca Pública. O venres 29 será o gran día cun RECITAL POÉTICO: "ROSALÍA DE CASTRO" a cargo de diferentes persoas da nosa contorna, no Parque Novas.
Para ir preparando o gran día, aquí podedes escoitar diferentes poemas (hai sorpresa final!).
"Dicen que no hablan las plantas"
SondeSeu interpreta: "Campanes de Bastabales" no seu álbum BEIRALÚA.
Carlos Núñez e Fernanda Cabral rapean: "Alborada"
"Castellanos de Castilla" versión da cantautora M J Pérez de Arzúa, fusionando a canción Malamente de Rosalía co poema de Rosalía.
Recuperando o noso canal de poesía: 3, 2, 1...POESÍA, estes marabillosos poemas:
Máis vídeopoemas no canal de poesía do CEIP Montemogos.
FELIZ SEMANA DE ROSALÍA!
GOZADE COA POESÍA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario