A astronauta estadounidense Christina Koch regresou á Terra despois dunha misión de 328 días na Estación Espacial Internacional (EEI) que a converteu na muller que realizou o voo espacial máis longo. Christina Koch e Jessica Meir realizaron o primeiro paseo espacial só de mulleres.
Actualmente a NASA ten en activo a 48 astronautas, dos que 16 son mulleres.
Nestes 328 días, Koch participou en diversas investigacións realizadas na estación espacial, como un estudo da forza vertebral no espazo, que busca definir o impacto que teñen os voos espaciais na degradación muscular e ósea da espiña dorsal e o risco de ruptura dos ósos. De todos os experimentos dos que esta astronauta formou parte, destaca o que desenvolveu sobre os
cristais en microgravidade, que consiste na cristalización da membrana dunha proteína ligada ao crecemento de tumores e a supervivencia ao cancro.
"Que é o que máis botarei de menos? Tanto a exquisita beleza do planeta
Terra, como desta marabilla que foi creada por persoas incribles",
tuiteou.
Podes ler a noticia completa en: https://elpais.com/elpais/2020/02/06/ciencia/1581014607_267825.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario