6 de xuño de 2020

Día 83: 06.06.20 MINUTOS MUSICAIS!!

Onte día 5 de xuño celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente" e o vindeiro luns 8 de xuño é o " Día Mundial dos Océanos"Dúas datas de especial importancia dentro do PDI de centro e máis tendo en conta a situación actual de crise humanitaria na que nos atopamos.
Unhas datas para reflexionar e tomar conciencia da importancia de salvagardar entre todos e todas o medio ambiente  e os océanos para poder vivir en harmonía.


Canción "Agua" interpretada por Manolo García y Elefantes para sensibilizar sobre a situación de desigualdade na que se atopan moitas persoas para acceder a este ben tan prezado e imprescindible.. Cada vez que  escoites, visualices  ou compartas estas canción, estarás colaborando coa túa gota de auga coa ONG Oxfán Intermón.Coidar o planeta é cousa de tod@s!!!

FELIZ SEMANA!

2 comentarios:

Manu dixo...

Moi bonita, non a coñecía. Grazas

María José dixo...

Que bonita canción e as imaxes son para reflexionar que é responsabilidade de todes coidar o planeta. A saúde do planeta é a nosa saúde!!!