12 de mar. de 2021

"MARUXA"

As nenas e nenos de 6º de Infantil dramatizan, dun xeito moi fermoso, o álbum ilustrado "MARUXA"


Precioso álbum ilustrado que narra como Maruxa, cansa de facer o pan todos os días, decide dar unha lección a Pepiño e mostrarlle que o traballo na casa é cousa de dous.

Humor, reflexión e un sorriso móstranos como se fai o pan e a procedencia dos seus ingredientes.

Texto de Eva Mejuto, ilustracións de Mafalda Milhôes é a adaptación dunha canción tradicional polaca. Está editado por OQO editora.
Este libro foi seleccionado como un dos mellores libros de cociña do mundo nos premios Cookbook Gourmand Award 2014.

MOITAS GRAZAS AMIGUIÑOS 
POR RECORDARNOS QUE 
TRABALLO E DESCANSO SEMPRE EN COMPAÑÍA.



3 comentarios:

4º E. Infantil dixo...

Gustounos MOITÍÍÍSIMO!!!

Vanessa dixo...

Parabéns polo voso traballo, facédelo xenial! Mil aplausos para vós!

Profe Sole dixo...


Sodes uns artistas fantásticos! Parabéns!!
Bicos e aplausos a todos e todas!!