Un ano máis, da man da editorial Xerais, a escritora Ledicia Costas compartiu o seu tempo con nós. Nesta ocasión, o alumnado de 4° de Primaria, a través dunha videoconferencia, puido comentarlle as súas impresións sobre o libro Vampira de biblioteca e resolver as súas dúbidas sobre o mesmo.
Ledicia explicou todo o que o alumnado preguntou en relación co libro e así quedou claro por que elexiu unha vampira e non un vampiro, por que a vampira é intolerante ao sangue, por que o avó se chama Marciano, por que fala da biblioteca de Coimbra ou por que se decantou polo nome de Eleonora para a vampira.
Foi un encontro moi, moi entretido arredor dun libro: a lectura ten a capacidade de xerar momentos únicos.
Grazas, Ledicia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario