A aula de 1° de Primaria, baixo a coordinación da súa titora, participou no Faro da Escola coa entrevista ao veciño de Bueu, Adrián Ferrer Reboiras, quen os informou polo miúdo das súas vivencias na Illa de Ons e das dos seus devanceiros.
Esta entrevista tan interesante resultou merecedora do 2° premio do Faro de Vigo, o que supuxo unha gran alegría para todo o alumnado e o profesorado do colexio.
PARABÉNS!!!
2 comentarios:
Felicidades nenos e nenas de 1º, unha entrevista chulísima!!
Parabéns á rapazada e á súa titora pola entrevista!! 👏👏
Publicar un comentario