O mércores 26 iniciou a súa andaina o Club de Lectura de 6º de Primaria, baixo o pseudónimo de OS DEVORALIBROS.
Esta é unha actividade voluntaria para fomentar o hábito da lectura nun ambiente diferente á aula. Ao mesmo tempo, ser un espazo de inclusión e socialización.
Nunha primeira reunión establecemos, de forma consensuada, as normas e os compromisos que asumimos coa nosa participación no club.
O primeiro libro deste curso será O NENO DE LUME, escrito por Ledicia Costas, publicado por Xerais.
Como gozamos coa lectura compartida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario