27 de nov. de 2022

Minutos musicais!

Esta semana escoitaremos "Vois Sur Ton Chemin", a canción máis famosa da banda sonora da película francesa "Los chicos del coro" (2004). Foi composta por Bruno Coulais e escrita por Christophe Barratier.

O cine é unha forma diferente de contar historias, polo que é considerada a sétima arte.

1ª Arquitectura, 2ª Escultura, 3ª Pintura, 4ª Música, 5ª Danza, 6ª Literatura, 7ª Cine.

Clement Mathieu, un mestre de música empeza a traballar como vixiante nun internado de reeducación de menores. Nos seus esforzos por achegarse aos mozos entrégase á tarefa de familiarizalos coa maxia do canto.

Ao longo da película utiliza unha fantástica frase: Non cantan ben, pero cantan. O que quere é transmitirnos unha mensaxe de esperanza e unha visión positiva da vida. 

Todas as persoas, sexan como sexan e veñan de onde veñan, merécense o beneficio da dúbida e apostar por elas.

Se podes, non deixes de ver unha película adecuada a túa idade nun cine!

Feliz semana!


Ningún comentario: