A semana do 24 ao 28 de outubro foi moi emocionante!
Iniciámola conmemorando o Día das Bibliotecas e rematámola celebrando o Samaín!
Durante toda a semana estivemos creando historias de medo, personaxes terroríficos, recreando portadas de libros e películas, realizando manualidades para decorar as clases e a entrada do centro, ...
O xoves asistimos todas e todos a unha sesión de cine terrorífica no salón de actos, divertímonos con "Hotel Transilvania". Cada persoa accedía presentando a súa terrorífica e creativa entrada.
O venres viñemos disfrazados de medo. Trouxemos merendas terroríficas. Antes do recreo visitounos polos corredores do cole a Santa Compaña moi ben dramatizada polo alumnado de 6º de Primaria. Despois do recreo bailamos todos xuntos e xuntas a canción do Samaín de Mamá Cabrá e, a continuación, movemos o noso esqueleto ao ritmo de diferentes cancións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario