Esta semana, que iniciamos conmemorando os Dereitos da Infancia (20 de novembro) e rematamos coa III Marcha contra a Violencia de Xénero, escoitaremos unha fermosísima canción de Guadi Galego titulada "Matriarcas" do seu disco " Lúas de outubro e agosto".
Continuamos coñecendo a diferentes artistas e obras. Esta semana presentámosvos a Amadeo Modigliani (Livorno, Italia 1884, París 1920) foi un pintor e escultor vanguardista que revolucionou a arte do seu tempo. Creou unha linguaxe visual propia. Modernizou a pintura a base de experimentación e atrevemento. Foi amigo de Pablo Picasso.
Jeanne Hébuterne. Museo Metropolitano de Arte de Nueva York
Ningún comentario:
Publicar un comentario