Durante esta semana de San Martiño, de magostos, de castañas... e de trompos ao camiño escoitaremos a Foliada de San Martiño de Os Melidaos, grupo de música tradicional con catro discos publicados. Esta peza está no seu disco " Festa na Codeseira" (2015)
Crudas, cocidas, asadas, en puré, en marmelada... as castañas pódense preparar de moitos xeitos.
Ata a chegada de cultivos americanos, como as patacas ou o millo, as castañas eran a base da alimentación en Galicia.
Os castiñeiros son árbores autóctonas que producen castañas. Agrúpanse formando soutos. Son moi importantes no ecosistema galego; xunto co carballo e outras especies forman as fragas.
En Ourense podemos ver esta escultura de bronce (aliaxe de cobre e estaño) " A castañeira", esculpida por Xosé Cid, pequena homenaxe as persoas que traballan arredor da castaña.
Comede castañas que son moi saudables!
Gozade dos magostos!
Feliz San Martiño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario