Durante a tarde do martes 18 de abril gozamos dun obradoiro con Charo Pita, dentro do Programa Lectura e Familias.
A partir da súa experiencia en lectura expresiva e narración oral, conversamos arredor de libros, da importancia de contar historias por pracer, da capacidade da imaxinación, de "ver" a secuencia do conto na nosa cabeza. De potenciar, de activar a capacidade de escoita. De que os contos son casas de palabras.
Puxemos en práctica técnicas narrativas.
Foi un obradoiro moi divertido e participativo, onde tiveron cabida as historias, a tradición oral e a música. Indudablemente fomos protagonistas dunha fermosa historia da man de Charo Pita.
Mil grazas por compartir e facernos partícipes das túas técnicas e coñecementos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario