Xa está aquí o Calendario colaborativo anual!
Ilustrado coa práctica de diferentes deportes e xogos por todo o alumnado do colexio.
Este curso o Proxecto anual está adicado aos deportes, aos xogos, aos contos motóricos... Leva por nome En xogo.
É moi importante que os nenos e nenas desenvolvan modos de vida saudables. Desde o centro promovemos hábitos deportivos e contribuímos á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel da Axenda 2030.
A práctica de exercicio axuda ao desenvolvemento integral da persoa. Mellora a concentración o que facilita a consecución das competencias básicas de lectura, escritura e habilidades investigadoras.
Podedes mercalo na secretaría do centro ou en calquera libraría do noso concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario