22 de xuño de 2024

Kilos de SOLIDARIEDADE!

177 kg de tapóns SOLIDARIOS recollidos ao longo deste curso!

Como lle gusta a Belusiña esta actividade colaborativa, matemática e solidaria!

A Asociación Juan XXIII, un ano máis, recollen as tapas que entre todas e todos reciclamos.

Parabéns aos nenos, nenas, familias e a toda a comunidade!


Grazas a todas e todos por reciclar, reutilizar e colaborar!

19 de xuño de 2024

Roteiro a Cabalo!

 As nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria  realizaron un roteiro ata o campo de fútbol de Laxes, en Cabalo.

Participaron en diferentes xogos e gozaron da beleza da paisaxe.

In situ, observaron o arquipélago de Ons, a ría de Pontevedra, cabo Udra. Conversaron arredor do pirata Benito Soto.

Atravesando o monte apreciaron as grandes diferenzas entre especies autóctonas e especies foráneas, os nomes de árbores e arbustos...

Grazas a Cris, Álex e Noelia da asociación ASBEL por acompañarnos e estar sempre dispostas a colaborar!





18 de xuño de 2024

Préstamo de verán 2024!

 Ven pola biblioteca!

 Non esquezas facer o teu préstamo de verán!

No verán un libro sempre na man!


Non deixes de visitar a biblioteca pública da Casa do Pobo! Rosi estará encantada de aconsellarte.

16 de xuño de 2024

Representación de OS MISERÁBEIS

Esta tarde de domingo en Pontevedra... OS MISERÁBEIS, de Víctor Hugo,  representado pola comunidade educativa do IES Illa de Ons.

Hora: 18,30h

Lugar: Auditorio Pazo da Cultura Pontevedrra

Boa sorte!!

https://bibliotecailladeons.blogspot.com/2024/06/chegou-o-dia-de-miserabeis.html




12 de xuño de 2024

Actividades de xuño no Museo Massó

O museo Massó convídanos a participar nas súas actividades durante este mes de xuño.

Prestade atención aos días e as horas!

Inscrición previa gratuíta.



Club de lectura

 Rematamos o club de lectura de 6º de Primaria:


Creamos fermosos marcapáxinas con acrósticos dos nosos nomes:


 "Algo máxico pode suceder cando se le un bo libro" JK Rowling


11 de xuño de 2024

Actividade deportiva: remo indoor

 O venres 7, os rapaces e rapazas de 5º de Primaria participaron nunha actividade deportiva de remo indoor no pavillón de A Raña en Marín, xunto con outros coles do Morrazo.

Foi unha xornada de convivencia e xogos en equipo. 

Pasámolo xenial e... quedamos terceiros!






 


Xogos populares: a cachiza

 As rapazas e rapaces de 3º de Primaria, o venres, participaron dunha clase práctica dun xogo popular moi divertido: A cahiza.

A billarda, estornela ou cachiza (así é como se denomina en Bueu), é un xogo tradicional de Galicia, considerado deporte dende e ano 2020. 

Xógase en moitos lugares de España e do mundo.

Segundo o lugar xeográfico varían as regras de xogo.

Para xogar necesítase un palán (pau duns 60 cm) e unha cachiza (pau máis pequeno). 

O xogo consiste en golpear co palán a cachiza e cando está no aire, volver a bater, para lanzalo o máis lonxe posible.    

Os rapaces antigamente, tallaban con madeira o seu propio palán e cachiza personalizándoos pero mantendo un extremo levantado.










 
Grazas a Manolo Otero e a Pablo (avó de Xián) polas súas fantásticas explicacións e por vir a xogar con nós!