19 de xuño de 2024

Obradoiro de Lettering!

 Como agasallo ás voluntarias e voluntarios de 6º de Primaria, nesta última semana, participamos nun obradoiro de Lettering con "Brushpen" a cargo de Belén L. Méndez, NACU.

Comezamos falando da caligrafía, da historia das letras, da diferenza entre caligrafía e lettering... 

Tamén intentamos corrixir a nosa postura corporal para sentarnos a escribir tanto a man coma no ordenador, insistindo nunha boa hixiene postural.

Que bonitas e como nos gustan as letras ben feitiñas!

Xa nos gustaba o lettering, pero a partir de agora... máis!

Grazas Nacu por compartir a túa paixón pola caligrafía!







Ningún comentario: