18 de xuño de 2024

Club de Lectura de Adultos

 Este martes 18 de xuño, ás 18,30h., na biblioteca, reunímonos para conversar e compartir as nosas opinións arredor do libro No todo el mundo escrito por Marta Jiménez Serrano, editado por Sexto Piso.


Participar nun club de lectura resulta ser unha actividade cultural e social moi enriquecedora. 

Lemos para aprender.

Lemos para compartir.

Lemos para emocionarnos.

Lemos porque a lectura proporciona FELICIDADE.

Grazas a todas polos lazos humanos e de amizade creados ao longo deste tempo!

Feliz verán!

Encontrarémonos pronto compartindo e comentando La nieta del señor Linh de Philippe Claudel.

Ningún comentario: