Este curso o noso tradicional recital poético convirtiuse nun fantástico Festival de Poesía e Música para homenaxear á autora Luísa Villalta, Letras Galegas 2024.
Música e palabras, palabras e música para pór en valor a nosa lingua!
Convidamos a unhas persoas moi especiais para a nosa comunidade educativa como son os asistentes ao Taller de Memoria, entre elas están avoas, tías, amigas veciños da nosa comunidade educativa.
Con dúas fantásticas presentadoras, Daniela e Violeta (voluntarias de 6º de Primaria), iniciamos e rematamos o festival cunha actuación musical.
A melodía inicial correu a cargo de Carmen, Noa, Rami e Elena interpretando unha peza musical de Mozart e o broche de ouro final puxérono Carmen e Noa, violín e piano, cunha melodía de Mendelssohn.
Todos os cursos recitamos poemas, cantigas, de diferentes autores, Antonio García Teijeiro, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Manuel María, Luísa Villalta...
Moitísimas grazas pola participación e asistencia ao Festival!
Ningún comentario:
Publicar un comentario