O último día de clase as mozas e mozos de 6º de Primaria despedíronse da comunidade escolar representando unha obra de teatro musical percorrendo a súa etapa vital no colexio recordando e cantando anécdotas moi divertidas. Que ben cantan !
A dirección da obra correu a cargo de dúas nais, Noelia e Ángeles. A decoración do salón de actos e o photocall foi realizada por Diana e a edición do vídeo coas fotos do seu persoal percorrido escolar, a cargo de Ana.
Recibiron diplomas e a ANPA realizou un sorteo de agasallos para todas e todos.
Foi unha despedida moi emotiva!
Moita sorte no instituto Carmen, Noa, Elena, Iria L, Lolo, Violeta, Lucía, Hugo P, Hugo R, Iria F, Mario, Ángela, Sabela, Rami, Leyre, Unai, Sofía, Saínza, Marcos, Daniela, Saúl!
Ningún comentario:
Publicar un comentario