Comezamos este último venres do mes a actividade "Recréate en Galego" e volveremos a facela todos os últimos venres de cada mes. A ídea desta actividade vai encamiñada a recuperar o alumnado galego falante e animar ao resto do alumnado a falar en galego. Realizamos as seguintes actividades:
• Creamos un club co nome “Os Braveiros”. Puxemos
carteis polo cole informando do club, informamos polos distintos cursos de
primaria da creación do club e a súa finalidade é empregar o galego como lingua vehicular na
actividade “Recréate en galego” e o
alumnado anotouse de forma voluntaria.
• “Recréate en galego”: Realizaremos o último venres de cada mes un recreo onde os membros do club empregaban como lingua vehicular o galego. A intención é que o alumnado vaia tomando conciencia de que é capaz de falar en galego e que eles mesmos vaian empregando o galego como lingua vehicular de forma natural máis tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario