24 de mar. de 2025

MINUTOS MUSICAIS!

 



Zeltia Irevire é unha banda galega cun estilo de autor único que se nutre de xéneros coma o folk ou o blues.

Formada no ano 2019 en Santiago de Compostela. Denominan o seu estilo propio como “Folk Tribal”, situándoo dentro das Músicas do Mundo.

Caracterízase pola sólida sonoridade dos instrumentos acústicos (bodhran, caixa de pimentón, violín, guitarra acústica e bouzouki), que se mesturan con outros sons máis electrónicos (sintetizador de baixo, pedais de efectos…). A composición das súas letras toman como referencia a sabedoría popular e reivindican a defensa do patrimonio cultural e natural de Galicia.

As súas integrantes son:

            —  Zeltia Acuña: voz e guitarra acústica.

            —  Migui Carballido: coros, bouzouki, bodhran e outras percusións.

            —  Cibrán Seixo: violín e sintetizador de baixo.

Ningún comentario: