Zavala é o proxecto musical de Carla Romalde (voz, frauta traveseira), Ana Lage (baixo, piano, acordeón, coros), Elena Zas (piano, viola, coros), Carlos “Kos” Castro (programacións, bases, visuais) e Víctor Ledo (guitarra, coros).
A banda mestura os aspectos máis orgánicos e melódicos da música con texturas e bases electrónicas, sons contemporáneos con matices, ás veces, do tradicional. As letras, intimistas e persoais, colorean o amplo abano musical, que vai desde o máis acústico e simplista a pasaxes máis sintéticas.
Este tema "Retrouso do Barqueiro" tamén colaboran as cantareiras Atalaias de Caión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario