“Voltarei” é a canción oficial que celebra o regreso do Celta a Europa.
Un himno que conecta a historia do club coa de milleiros de galegos e galegas
que, nos anos 50 e 60, emigraron a países como Suíza ou Alemaña na procura dun
futuro mellor.
Nesta colaboración, Hard GZ rende homenaxe a esa memoria colectiva e ao
orgullo de Galicia, unindo música urbana, raíces tradicionais e a paixón do
celtismo nun mesmo latexar.
O título “Voltarei” simboliza a promesa de volver: a dos emigrantes que
soñaban con regresar á casa, a do club que volve a Europa, e a dunha afección
que nunca abandona ao seu equipo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario