Lontreira é un grupo musical galego formado por
Adriana Cores, Héctor Rodríguez (Rotce) e Iván Barral. A banda naceu en 2022 e
ten raíces na Illa de Arousa e Vigo, combinando estilos como pop electrónico,
ritmos latinos e influencias da música tradicional galega.
O nome Lontreira tamén procede dunha praia da Illa
de Arousa, lugar que inspira moitas das súas cancións e a conexión coa natureza
que aparece nas súas letras.
O seu primeiro disco chámase “Apnea” (2023). Neste
álbum mesturan cancións con pequenos poemas e tratan temas como as emocións, a
natureza e as experiencias da vida. Entre os temas do disco están este tema
Deriva e otros como A fonte, Raposo, Camiñar camiñei ou Corazón de toxo,
canción coa que gañaron o concurso “Canción do verán” en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario