DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 2026
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos un ano máis o Día Internaciona da Paz.
O Día Internacional da Paz foi creado en 1981 pola Asemblea Xeral das
Nacións Unidas (ONU) e comezou a celebrarse en 1982. Con a celebración
deste día quérese promover a paz, a convivencia pacífica e a non violencia
entre os pobos, así como para lembrar a importancia do diálogo fronte aos
conflitos. Un valor fundamental que cobra aínda máis
importancia nos momentos difíciles que estamos a vivir no mundo. Situacións
como as que se viven en Gaza, ou noutros lugares do planeta como Ucranía,
lémbrannos cada día a necesidade de educar na empatía, o respecto e a
convivencia desde idades temperás. Por iso, hoxe celebramos este día tan
especial coa alegría e a ilusión dos máis pequenos.
Para festexar
este día fixemos varias actividades:
·
Literatura da Paz: Seleccionamos obras literarias sobre a temática da
Paz e estiveron a disposición da Comunidade
Educativa nun recuncho da entrada ao centro.
·
Adiviña o enigma: O longo da semana o alumnado tiveron que resolver enigmas en verso agochados
polo centro. Unha vez resolto, tiveron que pegalo nun cartel conmemorativo
desta data ubicado no corredor do
centro.
·
Dar a lata pola Paz: O propio día realizamos unha coreografía e cantamos
todos xuntos no ximnasin. Cantamos a canción, traducida ao galego , “Latas pola
Paz. Canción impulsada pola asociación Admundui coa colaboración de Pepe
Begines, dentro do proxecto educativo “Latas pola Paz” dos colexios de Málaga.
Empregaremos para o acompañamento da canción, unhas latas como instrumento, nas
que ían inscritas a palabra Paz en diferentes linguas do mundo e en linguaxe de
signos. Posteriormente, as latas quedarán expostas na entrada do centro a Comunidade Escolar.
FOTOS
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario