25 de nov. de 2026

Xogade

 

COPA ENCE de REMO ESCOLAR


 Este martes 24 de novembro do 2026, o alumnado de                5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Montemogos participou na Copa ENCE de remo escolar, celebrada no pavillón da Raña en Marín, xunto con outros centros educativos da contorna.

Os nosos nenos e nenas acadaron un meritorio noveno posto, percorrendo un total de 2.477 metros. Foi una xornada na que gozaron do deporte e demostraron esforzo, compañeirismo e capacidade de superación. Volvemos ao colexio cunha copa, moitos sorrisos e, sobre todo, coa satisfacción do traballo ben feito.

Parabéns a todos e todas! Seguimos remando xunt@s! 


Ningún comentario: