O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
18 de maio de 2026
MINUTOS MUSICAIS
11 de maio de 2026
MINUTOS MUSICAIS
O Día das Letras Galegas celébrase cada 17 de maio para homenaxear a lingua e a literatura de Galicia.
Esta festa cultural lembra cada ano unha autora ou autor que destacou pola súa contribución ao galego.
Nas escolas e vilas organízanse recitais, concertos e actividades para achegar a nosa cultura á mocidade.
A música tamén forma parte desta celebración, transmitindo orgullo e identidade a través das cancións.
Un exemplo é “Himno das Letras Galegas”, de Marina Sánchez, unha peza emotiva que honra a forza da nosa lingua.
Con ela, as Letras Galegas convértense nun símbolo de unión, memoria e amor pola cultura galega.
7 de maio de 2026
CORRELINGUA 2026
CORRELINGUA DO MORRAZO 2026
Xoves, 7 de maio. Moaña
● 9:45-10:00: chegada do autobús
● 10:20 h: saída da marcha (zona da Xunqueira)
● 10:55h: comeza a chegada. Merenda (caixa de música)
● 11:00: Despedida dos centros (Fran Rei)
● 11:20 h.: lectura do manifesto (IES de Moaña*)
● 11:40 h: Actuación de Mekanika Rolling Band
● 12:30h: despedida de Correlingua
● 12:40-13:15 h: saída de dous autobuses
FOTOS DO CORRELINGUA 2026
4 de maio de 2026
MINUTOS MUSICAIS
Os maios son unha festa tradicional galega que celebra a chegada da primavera con flores, música e coplas populares. En moitas vilas e cidades de Galicia créanse figuras feitas con plantas, fiúnchos e froitas para adornar as rúas. A música acompaña esta celebración con cantigas satíricas e alegres que falan da vida cotiá e das costumes do pobo.
A canción Os Maios do grupo Habelas Hainas recupera o espírito popular desta tradición galega.Esta festa segue viva grazas ás persoas que manteñen as tradicións e transmiten a cultura galega ás novas xeracións.
13 de abr. de 2026
MINUTOS MUSICAIS
Sheila Patricia é unha das voces emerxentes máis interesantes da música galega actual, destacando pola súa capacidade para fusionar tradición e modernidade. A súa proposta artística bebe das raíces da música popular galega, incorporando sons contemporáneos e unha forte identidade propia.
Un bo exemplo deste estilo é a súa canción Ribeirana, unha peza que evoca a vida e a cultura das zonas costeiras de Galicia. A través dunha melodía envolvente e unha interpretación chea de sensibilidade, Sheila Patricia consegue transmitir emocións ligadas ao mar, á terra e á memoria colectiva. Ribeirana non só é unha canción, senón tamén unha homenaxe á identidade galega, conectando co público tanto pola súa autenticidade como pola súa beleza sonora.
6 de abr. de 2026
MINUTOS MUSICAIS
Luar na Lubre, fundado na Coruña en 1986, é un dos grupos máis importantes do folk galego. Ao longo da súa traxectoria destacaron pola recuperación e reinterpretación da música tradicional, así como pola creación de composicións propias que manteñen viva a esencia cultural de Galicia. O seu son caracterízase pola mestura de instrumentos tradicionais e modernos, e pola súa capacidade para emocionar tanto en Galicia como en escenarios internacionais.
O autor da música de “O son do ar” é Bieito Romero, fundador e alma do grupo. Ademais de gaiteiro e compositor, Romero foi clave na difusión da música galega contemporánea, achegando un estilo propio que combina tradición e innovación. A súa obra destaca pola sensibilidade melódica e pola conexión coa paisaxe e a cultura galega.
A proxección internacional da peza chegou cando o recoñecido músico británico Mike Oldfield adaptou a melodía na súa obra “The Song of the Sun”, incluída no álbum Voyager (1996). Esta versión levou o son galego a audiencias de todo o mundo, convertendo a peza nun símbolo da fusión entre música tradicional e contemporánea.
Hoxe en día, “O son do ar” segue a ser unha referencia imprescindible da música galega e un exemplo de como as raíces locais poden acadar unha dimensión global grazas ao traballo de artistas comprometidos coa súa cultura.
3 de mar. de 2026
21 DÍAS EN GALEGO
Por segunda neste centro imos a poñer en marcha ”21 DÍAS
EN GALEGO” no noso centro. A idea partiu do IES da Pobra do Caramiñal no ano
2013 e fóronse unindo a este programa centros do Morrazo e Galicia ao
longo destes anos.
Do luns 03 ao domingo 23 de marzo, este
centro botará a andar o programa de 21 DÍAS EN GALEGO, no que
pretendemos que a nosa Comunidade Educativa se comunique, dentro e
fóra do centro, as 24 horas do día en galego.
Para conseguir este obxectivo escribimos cartas ás familias,
informamos ao alumnado que asinaron un papel de compromiso voluntario, creamos
un pasaporte 21 Días en Galego no que cada día que cumprían o compromiso
conseguían un selo. Os que consigan os 21 selos desfrutarán dunha actividade
sorpresa no terceiro trimestre.
9 de feb. de 2026
ENTROIDO 2026
ENTROIDO 2026
A orixe do entroido ten lugar nas festas de transición no agro, intimamente realacionadas co cambio de estación do inverno á primavera.
O entroido, antroido ou entruido, ten a súa orixe etimolóxica na palabra latina "introitus", que fai referencia ao rexurdimento da vexetación e ao inicio da primavera. Nada ten que ver coa orixe da palabra carnaval (que non ten documentación en Galica). Carnaval é tamén de orixe latina e fai referencia ao prncipio da Coresma. Carnaval é unha deturpación de dúas palabras do latín vulgar: "carne" e "levare" que significan literalmente, levar a carne, un precepto da tradición sudeo cristiá durante a Coresma previa a Pentecostés.
O uso da forma entroido en lugar da forma carnaval ndícanos que as celebracións en Galicia teñen unha significación anterior á das celebracións cristiás, máis vinculadas ás colleitas e á forma de vida rural.
30 de xan. de 2026
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 2026
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 2026
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos un ano máis o Día Internaciona da Paz.
O Día Internacional da Paz foi creado en 1981 pola Asemblea Xeral das
Nacións Unidas (ONU) e comezou a celebrarse en 1982. Con a celebración
deste día quérese promover a paz, a convivencia pacífica e a non violencia
entre os pobos, así como para lembrar a importancia do diálogo fronte aos
conflitos. Un valor fundamental que cobra aínda máis
importancia nos momentos difíciles que estamos a vivir no mundo. Situacións
como as que se viven en Gaza, ou noutros lugares do planeta como Ucranía,
lémbrannos cada día a necesidade de educar na empatía, o respecto e a
convivencia desde idades temperás. Por iso, hoxe celebramos este día tan
especial coa alegría e a ilusión dos máis pequenos.
Para festexar
este día fixemos varias actividades:
·
Literatura da Paz: Seleccionamos obras literarias sobre a temática da
Paz e estiveron a disposición da Comunidade
Educativa nun recuncho da entrada ao centro.
·
Adiviña o enigma: O longo da semana o alumnado tiveron que resolver enigmas en verso agochados
polo centro. Unha vez resolto, tiveron que pegalo nun cartel conmemorativo
desta data ubicado no corredor do
centro.
·
Dar a lata pola Paz: O propio día realizamos unha coreografía e cantamos
todos xuntos no ximnasin. Cantamos a canción, traducida ao galego , “Latas pola
Paz. Canción impulsada pola asociación Admundui coa colaboración de Pepe
Begines, dentro do proxecto educativo “Latas pola Paz” dos colexios de Málaga.
Empregaremos para o acompañamento da canción, unhas latas como instrumento, nas
que ían inscritas a palabra Paz en diferentes linguas do mundo e en linguaxe de
signos. Posteriormente, as latas quedarán expostas na entrada do centro a Comunidade Escolar.
FOTOS
19 de xan. de 2026
MINUTOS MUSICAIS
Interpretada por Leria e Yago Corral, a canción destaca pola complicidade entre ambos, cunha interpretación sutil que pon en valor o silencio e os pequenos matices. A presenza do galego reforza esa conexión directa coa terra e coa memoria.
Publicada baixo o selo Discomotor, Costa de Caión encaixa nunha liña artística que aposta pola experimentación suave e pola identidade local. O resultado é unha peza que, desde a sinxeleza, consegue transmitir profundidade e emoción.
14 de xan. de 2026
Nadal 2025
Bo día!
Subimos os vídeos do Festival de Nadal do 2025. Están separados por cursos! (Está a faltar o de 6º de primaria porque temos unhas dificultades técnicas co formato, polo que o subiremos en canto se resolva).
Presentando a Infantil!
Presentando a 1º de Primaria!
Presentando a 3º de Primaria!
Presentando a 4º e 5º de Primaria!
Presentando a 5º de Primaria!
12 de xan. de 2026
MINUTOS MUSICAIS
“Sísamo” de Baiuca é unha peza de folktrónica galega que destaca pola colaboración coa cantante Antía Ameixeiras, cuxa voz tradicional guía o tema. A canción combina elementos do folclore galego con produción electrónica moderna, contando tamén con músicos como Xosé Lois Romero e Lucas de Centi, o que reforza o seu carácter híbrido entre tradición e vangarda.
15 de dec. de 2025
MINUTOS MUSICAIS
Nadal de Luintra de Luar Na Lubre é unha peza musical que evoca a maxia do Nadal a través da tradición galega. A canción combina melodías suaves e instrumentos tradicionais para crear unha atmosfera cálida e emotiva, moi ligada ás celebracións propias destas datas.
Luar Na Lubre é un dos grupos máis emblemáticos da música folk galega, coñecido por recuperar e reinterpretar sons tradicionais de Galicia, incorporando tamén influencias celtas. Ao longo da súa traxectoria, conseguiron levar a música galega a escenarios internacionais, converténdose nun referente do xénero.
O tema transmite sentimentos de nostalxia, unión e identidade, facendo referencia ás raíces culturais e ao valor das tradicións nun momento tan especial como o Nadal. Co seu estilo característico, o grupo consegue conectar co público e manter viva a esencia da música popular galega.
En resumo, Nadal de Luintra é unha canción que destaca pola súa sensibilidade e pola súa capacidade de transportar ao oínte a un Nadal cheo de tradición e emoción.
8 de dec. de 2025
MINUTOS MUSICAIS
A todas partes é unha das obras máis destacadas de Fillas de Cassandra en
colaboración con Çantamarta onde se mesturan tradición e modernidade para crear
unha proposta musical única. O tema destaca pola súa forza lírica e polo uso de
elementos da cultura galega, combinados con sons actuais que conectan co
público novo.
A canción fala de identidade, movemento e pertenza, transmitindo a idea de levar as raíces propias a calquera lugar. A través dunha interpretación intensa e emotiva, as artistas conseguen crear unha peza que non só se escoita, senón que tamén se sente.
En conxunto, A todas partes é un exemplo claro do novo panorama musical galego, onde se reivindica a lingua e a cultura propias cunha visión contemporánea e universal.
24 de nov. de 2025
MINUTOS MUSICAIS
A colaboración entre Arrhythmia e Rebelión do Inframundo trae o single “Insaciable”, mergullando o oínte nunha atmosfera escura e in tensa. Con beats marcantes e letras que exploran desexos e conflitos internos, a pista combina a enerxía do trap con elementos máis melódicos, creando unha experiencia auditiva envolvente e visceral. O tema central da canción, a busca incesante por algo que nunca se sacia, reflicte a dualidade entre o pracer e o baleiro, característica do estilo de ambos artistas.
17 de nov. de 2025
MINUTOS MUSICAIS
Guezos (en barallete -antiga fala dos afiadores ourensáns- rapaces, nenos, cativos) naceu en 1999 como proxecto de grupo musical tradicio nal. Pouco a pouco, o grupo comezou a evolucionar cara o folk, e no 2000 grava a maqueta "Guezos" (convertida posteriormente en ál bum), e dá os seus primeiros concertos. A formación inicial estaba composta por Arturo Fernández, Xabier Do mínguez "Morta", Pablo Rodríguez, Roberto Reboiro,Anxo Fernández e Carlos Rivera "Puntxa". Estes comezan a buscaren influencias novas en eidos musicais variados como o Rock ou o Pop, de onde xorde a incorporación dunha guitarra eléctrica ao grupo.
10 de nov. de 2025
MINUTOS MUSICAIS
Coa “Canción do Magosto” do proxecto 13 Lúas imos
acompañar a semana que imos celebrar o magosto,
a festa do outono na que nos xuntamos para recoller e comer castañas,
cantar e divertirse. A letra desta canción describe situacións sinxelas e
alegres relacionadas coas castañas, o monte e a convivencia entre amigos e
familia.
3 de nov. de 2025
MINUTOS MUSICAS
A canción invita á reflexión sobre a importancia da
empatía, do diálogo e do respecto nas relacións humanas. Cun estilo íntimo e
emotivo, Xel Prada utiliza a música para lembrar que escoitar é o primeiro paso
para entender aos demais e convivir mellor.
30 de out. de 2025
SAMAÍN 2025
Un ano mais celebramos a nosa festa tradicional “O Samaín” ao longo da mañan do día 30 de outubro, pero xa durante a semana estivemos decorando as portas monstrosas, calacús en familia, o recuncho das lecturas de medo e a decoración do corredor e entrada da ANPA. O día 30 tivemos a Santa Compaña polos corredores do centro, a merenda terrorífica, os obradoiros Samaín e os premios para a mellor porta monstrosa e calacú.
O PASEO POLO CORREDOR DO ALUMNADO DE SEXTO COMO “A SANTA COMPAÑA”
·
CALACÚS SAMAÍN, AS PORTAS MONSTROSAS REALIZADAS POR CADA AULA E MONSTRUÍÑOS PARA AS PAREDES DOS CORREDORES.




















.heic)

.heic)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)