Hoxe, venres 29 de abril, visitounos
TERESA GONZÁLEZ COSTA, autora do libro
:"A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS". Premio Merlín 2010.
Pasamos un rato estupendo falando de moitas cousas. Sabemos que é actriz(notábase por como xesticulaba), profesora de teatro. Escribe poesías nas que reflexa o que lle pasa. Ilustrou algún dos seus libros. Fala varios idiomas, gústalle o xaponés.
Por suposto, falamos do seu libro. Contounos anécdotas dos personaxes, dos seus nomes, dos inventos.
O que máis lle gusta de gañar o Premio Merlín é a posibilidade de contacto cos nenos.
MOITAS GRAZAS POR VIR AO NOSO COLEXIO!