30 de xan. de 2012

30 xaneiro, DIA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ

ARTE POLA PAZ é o noso lema de traballo este ano.

Ao longo de toda a semana pasada, todos os alumnos do colexio colaboraron  na interpretación e posterior reproducción de dúas obras de PABLO PICASSO.
Os alumnos de E.I. pintaron o cartel para FESTIVAL MUNDIAL DA XUVENTUDE E OS ESTUDANTES POLA PAZ. BERLÍN 5-19 AGOSTO 1951.  Este foi o resultado:

Os alumnos de Primaria fixeron unha recreación moi colorida do GUERNICA
Aquí che deixamos un breve vídeo explicativo.

Se o queres ver en vivo e en directo has de saber que se atopa exposto no MUSEO REINA SOFÍA DE MADRID

22 de xan. de 2012

UNHA CONTACONTOS ESPECIAL

O venres os nenos de infantil tiveron sesión de  contacontos na biblioteca. Nesta ocasión foi unha contacontos moi especial... A PROFE VANESSA!
                     MOITAS GRAZAS por facernos pasar un rato tan divertido. Esperamos que se repita!

9 de xan. de 2012

BENVIDOS DE NOVO!

                                            


Novas lecturas e actividades esperan na BIBLIOTECA. Ven a disfrutalas!!!

7 de dec. de 2011

6 DECEMBRO, DÍA DA CONSTITUCIÓN

Os nenos e nenas de 5º e 6º conmemoran o DÍA DA CONSTITUCIÓN cunha votación. Simulan unha elección de diputados e senadores

5 de dec. de 2011

OS NENOS DE 3º EXPOÑEN NA BIBLIOTECA

Hoxe durante a hora de ler,un grupo de nenos e nenas de 3º, expuseron na Biblioteca o seu traballo de investigación sobre o mundo da castaña. Este traballo foi realizado ao longo do 1º trimestre.