15 de maio de 2013

SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS 2013

Un ano maís iniciamos a "SEMANA ESPECIAL" do curso.
Este é o programa deste ano


11 de maio de 2013

"O GALEGO, A CHAVE DO MUNDO". CORRELINGUA 2013

    Un ano mais, alumnado do CEIP Montemogos, participou no Correlingua do Morrazo. 
   Nas diferentes titorías decoraron unhas camisetas, quedaron moi mariñeiras.
   Os máis cativos disfrutaron de xogos como a pita cega, pica parede, trompos, aros... e na confección do mural, mentres os maiores acompañaron a marcha polas rúas de Bueu.
      Logo todos asistiron a sesión de maxia e bailaron coas cancións de LUIS  PREGO.
 
UN DÍA MOI DIVERTIDO! 
    Nos diferentes blogues dos ciclos podedes ver o ben que o pasamos todos.
   
    A organización do Correlingua fixo un traballo excelente, MOITAS GRAZAS.
 

1 de maio de 2013

PRESENTACIÓN NO MUSEO MASSÓ


PRESENTACIÓN DO VIDEO

Historia dun museo que medrou dentro dunha fábrica de conservas, o MUSEO MASSÓ
A presentación e primeira proxección deste breve filme de 8 minutos de duración está adicado ao público máis cativo.

Tralo visionado, escoitaremos un Conto ilustrado relacionado co mundo do mar a cargo do colectivo Polo Correo do Vento.

A entrada é de balde e para todos os públicos

QUE SUBA O PANO

 As vindeiras semanas poderemos disfrutar  da exposición itinerante 
"Fondo Teatral María Casares" de material bibliográfico  sobre teatro. 
 Este fondo da Biblioteca Central de Cangas, é o resultado dun convenio 
asinado no ano 1995 entre o Concello de Cangas, a compañía 
 "Teatro de Ningures" e a "Revista Galega de Teatro"
MARIA  CASARES

25 de abr. de 2013

XOVES DE CONTO

    Outro grupo de 2º de primaria representou hoxe o conto "COCORICO".  
Os máis pequenos do cole disfrutaron moito coa actuación e participaron do PICO TI, PICO TA.
   FOI ESTUPENDO!   
            
 APLAUDIRON A RABIAR.
Recomendamos que visitedes o blogue "OS LARETAS"  do 1º ciclo de primaria. Podedes ver o vídeo da actuación.

24 de abr. de 2013

A VISITA DE OLI



Hoxe os nen@s de Infantil e os do 1ºCiclo recibiron a visita de OLI .
Estiveron moi atentos as súas historias: Once damas atrevidas, Artur, O pirata pata de lata ...
Falounos tamén de "Leocadio,o León"co que disfrutamos moito no 1ºCiclo.
Ao final,firmou os nosos exemplares .
Grazas OLI por compartir con nós uns momentos tan agradables!