13 de xuño de 2013

A VODA DO PIOLLO E A PULGA














 
     
       Coa representación do conto " A voda do piollo e a pulga" por parte de alumnos de 4º de primaria demos por rematada a actividades "XOVES DE CONTO" por este curso.
   O equipo de biblioteca quere agradecer a gran colaboración que as titorías e os nenos perstaron a actividade. Animarvos a continuar.
O  VINDEIRO CURSO MÁIS.
UN FORTE APLAUSO PARA TODOS OS "CONTACONTOS"


12 de xuño de 2013

ABRE OS OLLOS!!!


   Temos o colexio cheíño de ARTE :

-Rosalía en POP ART, feito por todo o alumnado.

-Uunha fermosa exposición de cadros pintados por Iria, Carlota e Teresa. Durante a hora de ler explicaron que son: retratos, bodegóns,abstractos..., cal eran as cores primarias e como conseguen o resto, como tratan un lienzo...

 -Unha exposición adicada a Urbano Lugrís no pasillo de infantil. Obras feitas polos alumnos de 4º e 5º de infantil.








   



8 de xuño de 2013

MUÑOZ MOLINA

  " O traballo literario é sobre todo cuestión de paciencia e boa sorte". 
   Esta é a filosofía de Antonio Muñoz Molina  Premio Príncipe de Asturias das Letras 2013.  
 

30 de maio de 2013

"LINDA Á ESPREITA"

Hoxe visitounos na BIBLIOTECA Iago o contacontos. Contounos a divertida historia dunha vaca chamada Linda.

 Temos o libro no noso catálogo por si alguén lle interesa volvelo a ler.

29 de maio de 2013

OBRADOIRO DE NÓS MARIÑEIROS

   Hoxe estiveron con nós LUÍS, o papá de Ainara e Aixa, e JOSUHA, exalumno do centro, impartindo unha clase maxistral de nós mariñeiros, imprescindibles no traballo do mar.
   Nós fixemos un ÁS DE GUÍA.

























 

MOITAS GRAZAS POLO VOSO TEMPO


UNHA OBRA DE ARTE DE JOSUHA PARA A NOSA BIBLIOTECA!!!



28 de maio de 2013

OBRADOIRO DE REDES

  Dentro da programación da Semana Cultural e coa temática do mar, hoxe visitou a nosa biblitoteca Manola Bamio, expresidenta da asociacíon de redeiras do Morrazo.
   Pensabamos que as redeiras só cosían as redes cando estaban rotas, pero o seu traballo consiste en facelas. Ten un gran coñecemento das artes de pesca.
  AGRADECEMOS MOITO A SÚA VISITA.

   Bibliotecas escolares de Galicia amosa polo miúdo este oficio tan importante na actividade marítima das nosas costas.

24 de maio de 2013

TELEXORNAL MONTEMOGOS

  No 150 aniversario da publicación de "CANTARES GALLEGOS", a comunidade educativa de BELUSO quere facer unha pequena homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO, unha muller da nosa terra que foi quen de por en valor a LINGUA
GALEGA.