O pasado venres, 22 de novembro xubilouse DON PEDRO profesor no colexio de Beluso durante 40 anos.
A comunidade educativa agradeceulle a sua labor de tantos anos dándolle o seu nome ao salón de actos do centro.Foi un acto moi emotivo onde os alumnos e os compañeiros lle amosaron o seu cariño e lle desexaron os mellores desexos para o futuro.Esperamos que non nos esqueza e nos visite a miúdo MOITAS GRAZAS PROFE POLA TÚA DEDICACIÓN.
O Premio Cervantes 2013 concedeuselle a Elena Poniatowska , autora de máis de 40 libros, é unha das máis destacadas periodistas e escritoras mexicanas, moi vinculada con temas sociais. Naceu en París no 1932, ten o título de princesa por ser tataraneta do último rei de Polonia. Con 10 anos a familia estableceuse en México, nacionalizouse no 1969. Di que é "máis mexicana que o mole". Só catro mulleres recibiron este galardón nos seus 38 anos de historia: as españolas María Zambrano (1988) e Ana María Matute (2010) e a cubana Dulce María Loynaz (1992). Este Cervantes con nome de muller coincide co Nobel 2013 a Alice Munro. Entre os galardóns de Poniatowska están: Rómulo Gallegos no 2007 por "El tren pasa primero", oBiblioteca Breve no 2011 por "Leonora", o Alfaguara de novela no 2001 con "La piel del cielo".
"As mulleres son as grandes olvidadas da historia. Os libros son a mellor forma de rendirlles homenaxe"
Doris Lessing, gañadora do premio Príncipe de Asturias no ano 2001 e do Nobel no 2007,autora de máis de medio cento de libros foi narradora, poetisa, ensaista e intelectual comprometida coa vida e a literatura. Lessing (nacida no 1919 en Irán) finou hoxe aos 94 anos. A súa obra máis coñecida é "El cuaderno dorado" (1962), obra cume da literatura feminista.