29 de nov. de 2013

"CULTURGAL"... PARA O FIN DE SEMANA


      

 2013 vaise desenvolver no Pazo da Cultura de Pontevedra  os dias 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. 
Encontros con escritores, microtalleres, títeres, obradoiros, animación, contacontos...

Programa Culturgal 2013

   O acceso xeral á Feira é gratuíto.

27 de nov. de 2013

PINTORES DO NOSO ENTORNO: XOSÉ Mª BARREIRO

Iniciamos na biblioteca as actividades arredor de Xosé Barreiro un coñecido pintor natural de Forcari e afincado na parroquia de Cela.



Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria presentaron aos compañeiros un traballo en power point no que explicaron a vida e obra do pintor.




EXPOSICIÓN NO VESTÍBULO DO COLEXIO.

VIDA E OBRA DE XOSÉ Mª BARREIRO

25 de nov. de 2013

25 de novembro día internacional contra a violencia de xénero.

Hoxe na biblioteca lemos o conto de "Arturo e Clementina". O mellor recurso para erradicar a violencia é a educación.

 O colexio participou o concurso  do CIM. Óscar Gómez Brión de 6º
de E.P. obtivo unha mención especial.                                                                          
Traballos presentados

DON PEDRO O PROFESOR.

O pasado venres, 22 de novembro xubilouse DON PEDRO  profesor no colexio de Beluso durante 40 anos.
A comunidade educativa agradeceulle a sua labor de tantos anos dándolle o seu nome ao salón de actos do centro.Foi un acto moi  emotivo onde os alumnos e os compañeiros lle amosaron o seu cariño e lle desexaron os mellores desexos para o futuro.Esperamos que non nos esqueza e nos visite a miúdo
MOITAS GRAZAS PROFE POLA TÚA DEDICACIÓN. 













22 de nov. de 2013

QUE FACER ESTE FIN DE SEMANA?


EXPOSICIÓN

Fauna na obra de Ruibal
Data: do 4 de Outubro ao 23 de Novembro de 2013
Horario: De luns a venres de 17:30 a 20:30 h. Sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 h
A exposición reune máis de cincuenta obras do artista pontevedrés,tamén podemos contemplar as súas esculturas.




CONCERTO

Concerto de Santa Icia
Data: 23 de Novembro de 2013
Horario: 20:00
 Concerto de Santa Icia a cargo da Banda de Música de Salcedo. 
Gratuito


TEATRO

Mario - Os sábados, conto - Actividades para Rapaces
Lugar: Biblioteca Pública Juan Compañel - Vigo
Data:23 de Novembro de 2013
Horario: 12:00
Matapiollos. Mario é un rapaz que sempre está aburrido pero, un bo día, atopa algo que esperta a súa curiosidade...
Gratuito

21 de nov. de 2013

"É DÍFICIL IMAXINAR UN MUNDO SEN EDUCACIÓN" (Malala Yousafzai)

20 Novembro: Día Mundial dos Dereitos dos Nenos e das Nenas:

  • Mesa-exposición de libros relacionados co tema.
  • Investigamos a MALALA YOUSAFZAI.
  • Lectura e proxección dos libros:
    • "OS NOSOS DEREITOS" (Maria Joao Carvalho) para Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria.
    • "LA ESCUELA SECRETA DE NASREEN"(Jeanette Winter) para 2º e 3º ciclos. Presentación e lectura feita polo alumnado de 6º de Primaria.



19 de nov. de 2013

ELENA PONIATOWSKA, PREMIO CERVANTES 2013

   O  Premio Cervantes 2013 concedeuselle  a Elena Poniatowska , autora de máis de 40 libros, é unha das máis destacadas periodistas e escritoras mexicanas, moi vinculada con temas sociais. 
   Naceu en París no 1932, ten o título de princesa por ser tataraneta do último rei de Polonia. Con 10 anos a familia estableceuse en México, nacionalizouse no 1969. Di que é "máis mexicana que o mole".

     Só catro mulleres recibiron este galardón nos seus 38 anos de historia: as españolas María Zambrano (1988) e Ana María Matute (2010) e a cubana Dulce María Loynaz (1992). Este Cervantes con nome de muller coincide co Nobel 2013 a Alice Munro. 
   Entre os galardóns de Poniatowska están: Rómulo Gallegos no 2007 por "El tren pasa primero", o Biblioteca Breve no 2011 por "Leonora", o  Alfaguara de novela no 2001 con "La piel del cielo".


"As mulleres son as grandes olvidadas da historia. Os libros son a mellor forma de rendirlles homenaxe"