Hoxe visitounos no cole unha poetisa estupenda. A sra Lina, que vive aquí en Beluso tivo a amabilidade de recitarnos os fermosos versos de Rosalía. Dámoslle as gracias pola súa amabilidade.
Acompañáronnos tamén outras persoas que asisten ao taller para persoas maiores, que se está a realizar no colexio. Gracias a todas.
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
20 de mar. de 2014
17 de mar. de 2014
17 - 21 DE MARZO: SEMANA DA POESÍA
Iniciamos a SEMANA DA POESÍA. Anímate a participar nas actividades.
"Que el verso sea como una llave
"Que el verso sea como una llave
Que abra mil puertas.
Una hoja cae; algo pasa volando;
Cuanto miren los ojos creado sea
Y el alma del oyente quede temblando.
Inventa mundos nuevos y cuida tu palabra;
El adjetivo, cuando no da vida, mata."
Vicente Huidobro
Vicente Huidobro
14 de mar. de 2014
HOXE ARRANCA O ANO DE "EL GRECO·
Este ano conmemórese o IV aniversario da morte de Doménikos
Theotokópoulos, máis coñecido polo nome de "EL GRECO" (preme para máis información
| EL CABALLERO DE LA MANO EN EL PECHO Óleo sobre lienzo pintado entre 1578-1580 |
11 de mar. de 2014
OLALLA E MARC
Esta mañá de luns foi moi especial, estiveron con nós Olalla e Marc Taeger coas súas maletas cheas de pinturas e fermosas historias. Aproveitando que estamos coa semana da froita presentáronnos ao "ELEFANTE COMELLÓN" e dos petos máxicos do abrigo de Loreto saíron: "BOAS NOITES, BUFO!","NO BOSQUE" e "IMOS CAZAR UN OSO".
Marc Taeger deixounos as ilustracións na Biblioteca. Pasade a velas e a ler os contos!!!!
8 de mar. de 2014
AS MESTRAS DA REPÚBLICA
Non podíamos deixar pasar o día 8 de marzo sen lembrar esta película gañadora dun Goya 2014 á "Mellor longometraxe documental" .
Toda unha homenaxe a esas mulleres que loitaron polos dereitos das mulleres e a modernización da educación ,baseados nos principios da escola pública e democrática.
Toda unha homenaxe a esas mulleres que loitaron polos dereitos das mulleres e a modernización da educación ,baseados nos principios da escola pública e democrática.
5 de mar. de 2014
MULLERES PINTORAS
Con motivo da celebración do DÍA DA MULLER (8 de Marzo) Investigamos sobre "Mulleres pintoras"
CUESTIONARIO : MULLERES PINTORAS
Para resolver o cuestionario consulta a información que figura na entrada que tes arriba. Non te olvides enviar as túas respostas. Teremos unhas sorpresiña para os que acerten todas as respostas. Data límite para envialas: 14 de MARZO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)